
UNA LUZ EN EL HAMPA
Sam Fuller, 1964.
93´. Subtítulos en galego.
THE NAKED KISS / UNA LUZ EN EL HAMPA
(Estados Unidos, 1964)
Dirección, argumento e guión: Sam Fuller. Produción: Fromkess-Firks Production e Allied Artists. Fotografía: Stanley Cortez. Intérpretes: Constance Towers, Anthony Eisley, Michael Dante. Duración: 93 minutos.
Unha prostituta, Kelly, pretende escapar da influencia dun sindicato clandestino. En Grantville coñece a Griff, un policía que descobre a súa profesión. Comeza a traballar de enfermeira nun hospital de nenos inválidos obtendo a estima de todos, agás Griff, que non deixa de vixiala. A intensidade, inventiva e crispación de Fuller, un dos cineastas máis persoais do cinema estadounidense, ao servizo dunha historia de apariencia repousada que outorga un retrato feminino conmovedor.