
Ernest y Celestine, cuentos de invierno
Ernest et Célestine en Hiver
- 52 minutos
Ernest é un oso moi grande con espírito de artista cun corazón xeneroso. Con el vive Celestine, unha ratiña orfa que hai tempo acolleu na súa casa. Xuntos han vivir todo tipo de aventuras en canto se preparan para a chegada do inverno.
Unha nova adaptación dos populares contos infantís de Gabrielle Vincent. Catro entrañables curtametraxes que falan da tenrura, da amizade ou da importancia de ser fiel a un mesmo, todo coa beleza das ilustracións orixinais.
- Ano:2017
- Países de produción: Francia
- Guión: Béatrice Marthouret, Jean Regnaud, Gabrielle Vincent