
Un verano ardiente
Philippe Garrel, 2011.
95’. DCP. Subt. castelán.
UN ÉTÉ BRÛLANT / UN VERANO ARDIENTE
(Francia-Italia-Suíza, 2011)
Dirección e guión: Philippe Garrel. Produción: Rectangle Productions, Wild Bunch, Faro Film e Prince Film. Fotografía: Willy Kurant. Intérpretes: Monica Bellucci, Louis Garrel. Duración: 95 minutos.
Paul coñece un pintor chamado Frédéric que está fondamente namorado da súa parella, a fermosa actriz Angèle. Paul vai vela a unha rodaxe e repara noutra muller: Élisabeth. As dúas parellas deciden pasar uns días en Roma para se coñeceren mellor. Mais a aparición doutro personaxe, Roland, provocará a ruptura de Angèle con Frédéric e o comezo dunha tormenta de verán con imprevisibles consecuencias. O CGAI segue a completar a filmografía de Philippe Garrel, cineasta audaz, radical, revelador de mundos interiores.