
Un cuento de cine
Hong Sangsoo, 2005
89’. Vídeo. Subt. castelán.
GEUK JANG JEON / UN CUENTO DE CINE
(Corea do Sur-Francia, 2005)
Dirección e guión: Hong Sangsoo. Produción: Jeonwonsa, MK2 e Arte France Cinéma. Fotografía: Kim Hyung-koo Intérpretes: Kim Sang-kyung, Lee Ki-woo. Duración: 89 minutos.
Dongsoo é un director de cine que ten o soño de facer unha película, unha quimera que parece imposible ata que ao saír do cine se atopa con Yong-shii, a actriz protagonista dunha ficción sobre unha parella desesperada. A mirada sobre o cine como aparencia devén no cineasta máis intensa, autorreflexiva, levando ao límite a distancia entre a vida cotiá e a estritamente cinematográfica.