UMBRACLE
Pere Portabella, 1972.
85´. Entrada gratuíta.
UMBRACLE
(España, 1972)
Dirección: Pere Portabella. Guión: Joan Brossa e Pere Portabella. Produción: Films 59. Fotografía: Manel Esteban. Intérpretes: Christopher Lee, Jeanine Mestre. Duración: 85 minutos.
Umbracle: dispositivo que dá sombra a un lugar. A obra magna do seu creador permite unha memorable desarticulación do sentido das convencións na España dos últimos tempos do franquismo a través do paseo dun actor mítico e presenza icónica (Christopher Lee) por Barcelona. A colaboración de Brossa e Carles Santos, a homenaxe ao cine mudo, a perfecta selección e lucidez dos microsegmentos que conforman a auténtica colaxe explican o preciso comentario de Jonathan Rosenbaum de 1972: “une a liberdade e a variedade de “Nocturno 29” co rigor e simplicidade de “Vampir-Cuadecuc”.