
Uma Rapariga da Sua Idade
Márcio Laranjeira, 2015
85'. DCP. Subt. Galego
Uma Rapariga da Sua Idade
(Portugal, Estados Unidos, 2015)
Dirección: Márcio Laranjeira. Guión: Márcio Laranjeira, Mariana Sampaio. Fotografía: Sérgio Brás d'Almeida. Con: Mariana Sampaio, Alexander David. Dur: 85'.
A primeira longametraxe de Márcio Laranjeira non é só o retrato “dunha rapariga da súa idade”: é o retrato dunha xeración enteira que vive perdida entre as súas orixes e os seus desexos adultos nunha nova cidade, xa que as súas relacións persoais e familiares se ven afectadas por un país condicionado por unha crise económica, política e de ideas. Uma Rapariga da sua Idade é tamén, por iso, un filme inspirado na realidade da xuventude portuguesa, nos días de hoxe, e que vive, aquí, polas historias dun grupo de persoas repartido entre Lisboa, Viana do Castelo, e Nova York. Retratos dunha xeración, aínda sen futuro, á espera de que a vida e os seus soños poidan acontecer no presente e nun futuro xa non tan remoto. (Indielisboa)