
Traces/Legacy
Traces/Legacy
- 9 minutos
Traces/Legacy usa un dispositivo chamado film recorder para imprimir unha serie de imaxes dixitais fixas en película de 35mm. Árbores de nadal refugados, achados de mercado coloridamente dispostos, un museo de mortes animais, vistas microscópicas de utensilios de cociña, e outros artefactos culturais inadvertidos mestúranse con viaxes intermitentes a través de dominios misteriosos e sombríos. Como en Traces, o proxector de 35mm só pode mostrar unha parte da imaxe cada vez, co que o espectador ve alternarse a parte superior e a inferior da imaxe en cada fotograma. As imaxes tamén se superpoñen sobre a área da banda sonora óptica do filme, xerando os seus propios e singulares sons. (Scott Stark)
- Ano:2015
- Países de produción: Estados Unidos