Ulises
Joseph Strick, 1967
132’. Subt. Galego.
ULYSSES / ULISES
(Reino Unido-Estados Unidos, 1967)
Dirección: Joseph Strick. Guión: Fred Haines e Joseph Strick, sobre a novela de James Joyce. Produción: Laser Film Corporation e Ulysses Film Production. Fotografía: Wolfgang Suschitzky. Intérpretes: Maurice Roëves, Barbara Jefford, Milo O’Shea. Duración: 132 minutos.
Audaz proxecto que adapta a mítica narración do literato irlandés James Joyce. Participante na Sección Oficial de Cannes de 1967, nominados Strick e Fred Haines ao Óscar polo labor de adaptación, un dos filmes máis controvertidos e reveladores das relacións cine-literatura. Un día (16 de xuño de 1904) na vida de Stephen Dedalus, aspirante a poeta, e Leopold Bloom, un xudeu de mediana idade.