
Twenty Cigarettes (+ curta After Warhol BJ)
James Benning, 2001 (+ 2015)
104'. Vídeo HD.
TWENTY CIGARETTES
(Estados Unidos, 2011)
Dirección, produción e fotografía: James Benning. Duración: 99 minutos.
Filmada en diferentes lugares do mundo, Benning toma como nexo de unión o tempo, relativo, que tardan os seus retratados en fumaren un cigarro fronte á cámara, que é, para alén disto, o tempo que determina a duración do plano na película. Descrición perfecta do exercicio do poder e da violencia que representa todo retrato, a película non é so unha exploración do tempo e da paisaxe humana –e a súa permanencia- senón tamén un proceso de des-montaxe do propio aparato cinematográfico e a súa tensión e manipulación inherentes. Inclúe a curtametraxe de 5 minutos After Warhol BJ (2015).