TRES CAMIÑOS AO MAR
Michael Haneke, 1976
97’. Vídeo. Subtítulos en galego
DREI WEGE ZUM SEE [TRES CAMIÑOS AO MAR]
(Austria-Alemaña, 1976)
Dirección e guión: Michael Haneke. Argumento: Ingeborg Bachmann. Produción: Rolf von Sydow / Südwestfunk (SWF), Österreichischer Rundfunk (ORF). Fotografía: Igor Luther. Intérpretes: Ursula Schult, Guido Wieland, Walter Schmidinger, Bernard Wicki, Yves Beneyton, Udo Vioff. Dur.: 97 min.
Unha fotógrafa de éxito internacional, inmersa no ritmo frenético da súa profesión, visita os sitios onde pasou a súa infancia como escusa para escapar da súa esgotadora rutina laboral. Produción para televisión.