
TREN DE SOMBRAS
José Luis Guerin, 1997.
80´.
TREN DE SOMBRAS
(España, 1997)
Dirección e guión: José Luis Guerin. Produtor: Héctor Fáver, Pere Portabella. Produción: Grup Cinema Art, Films 59. Fotografía: Tomás Pladevall. Intérpretes: Juliette Gautier, Ivon Orvain, Anne-Céline Auché, Carlos Romagosa. Duración: 80 minutos.
Tomando como pretexto filmacións domésticas que parecen rodadas por un avogado nun lago de Normandía e as orixes e pantasmas creadas polo invento do cinema, José Luis Guerin elabora un dos achegamentos máis fascinantes aos retos tradición-ruptura na arte contemporánea. Reconstrución, fake, metraxe recuperada ou atopada, un tránsito polas vías plausibles e as principais achegas no panorama da creación.