TRECE BADALADAS
Xavier Villaverde, 2002.
106´. Presentación coa participación de Pancho Casal (produtor). Versión galega. Entrada gratuíta.
TRECE BADALADAS
(España-Portugal, 2002)
Dirección: Xavier Villaverde. Guión: Xavier Villaverde, Curro Royo, Juan Vicente Pozuelo. Produtor: Gerardo Herrero, Pancho Casal, Julio Fernández, José Maceda, Tedy Villalba. Produción: Continental Producciones, Castelao Producciones, Ensueño Films, Tornasol Films, TVG, Take 2000 (Portugal). Fotografía: Javier Salmones. Intérpretes: Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura, Elvira Mínguez, Rosa Álvarez. Duración: 106 minutos.
Jacobo, un escultor novo volve á súa cidade natal despois de 20 anos de ausencia. A razón do seu regreso é a delicada saúde de súa nai, hospitalizada nun psiquiátrico. Alí ten reencontros con persoas case esquecidas, que lle axudarán a enfrontarse a uns feitos dos que leva media vida fuxindo. Isto levarao ao centro dun pesadelo sen saída, na que descubrirá algo terrible: é a peza fundamental dun plan enigmático.