
Topaz
Alfred Hitchcock, 1969.
127’. Subt. Galego
TOPAZ
(Estados Unidos, 1969)
Dirección: Alfred Hitchcock. Guión: Samuel Taylor, segundo a novela de Leon Uris Topaz. Produción: Universal. Fotografía: Jack Hildyard. Intérpretes: Frederick Stafford, Danny Robin, John Vernon. Duración: 127 minutos.
En 1962 un alto funcionario soviético pásase a Occidente e achégalle á CIA informacións acerca da axuda a Cuba. En Nova York, o axente francés Devereaux consegue unha foto do tratado secreto entre Cuba e a URSS. Viaxa á Habana para ver a súa amante Juanita, pertencente a unha rede anticastrista. Devereaux obtén sorprendentes revelacións sobre a organización prosoviética Topaz. Antepenúltima película do seu autor e prolongación da sorte de díptico sobre a guerra fría que conforma con Cortina rasgada (1966), é a version dunha novela éxito de vendas que comeza a rodaxe sen un guión definitivo, chega a probar a Teresa Gimpera como actriz, ao tempo que se robustece da aparición de presenzas tan estimulantes como Michel Piccoli, Philippe Noiret, Claude Jade e Roscoe Lee Browne deixando un par de secuencias para a posteridade (o crime de Parra; a fuxida de Dubois).