THE THIN BLUE LINE
Errol Morris, 1988.
103’. Vídeo. Subtítulos en galego.
THE THIN BLUE LINE (Estados Unidos, 1988) Dirección e guión: Errol Morris. Fotografía: Robert Chappell, Stefan Czapsky. Produción: Mark Lipson/ Third Floor Productions. Dur.: 103 min. O primeiro filme autenticamente influínte de Morris dedícase a investigar con rigor un crime cometido en 1976. A condena dun vagabundo acusado do asesinato dun policía provoca unha confrontación de testemuños, onde as dúbidas aparecen envoltas baixo elementos de cine negro. Todo nos leva a un apaixonante reconto do relato que inclúe a incorporación da música de Philip Glass. Resultado: as esforzadas reconstrucións permiten reabrir o caso xudicial, as televisións lanzaranse como tolas a mimetizar metodoloxías narrativas e comézase a falar con profusión do autor.