
Tesouro de Corcoesto
Cora Peña, 2015
98'. Vídeo HD. Presentación pola súa autora. Entrada de balde.
TESOURO DE CORCOESTO
(España, 2015)
Dirección, guión e produción: Cora Peña. Duración: 98 minutos.
“Cando en 2013 comezamos a ter noticias do proxecto da mina de ouro en Corcoesto, en plena Costa da Morte, acendéusenos a luz de alarma. Tratábase dunha explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo. Unha estratexia empresarial opaca, unha política de entrega, unha poboación deprimida economicamente e polarizada a respecto dun si ou dun non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo cidadán urxente e efectivo que conseguiu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto. O documental pretende ser unha ferramenta para a reflexión e o debate perante un modelo de desenvolvemento que veu propoñer o actual goberno da Xunta de Galicia. Un modelo que ten o lema “Galicia é unha mina”, e do cal Corcoesto sería o primeiro e máis senlleiro exemplo”. Dirixida pola documentalista Cora Peña, unha longametraxe de produción independente e reflexión política, apoiada polo micro-mecenado de 180 persoas e asociacións.