![TANYARADZWA TANYARADZWA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1714.jpg?itok=bDSB3J2s)
TANYARADZWA
Alberte Pagán, 2009.
186´. Vídeo. Subtítulos en galego. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
TANYARADZWA
(España, 2009)
Dirección, guión, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 186 minutos.
Documental experimental independente rodado en Zimbawe por Alberte Pagán, logo da excelente difusión dos seus traballos anteriores, Bs. As. (2007) e Pó de estrelas (2008), é, como ben indica o seu autor, un retrato a medio camiño entre un screen test de Warhol (non en van Pagán lle dedicou ao artista norteamericano unha excelente monografía publicada en Positivas) e a plasmación dun busto parlante confesional, a muller de Zimbawe que lle dá nome á película. Uso de pantalla dividida.