SYNDROMES AND A CENTURY
Apichatpong Weerasethakul, 2006.
105´. Subtítulos en galego.
HAMACA PARAGUAYA
(Francia-Arxentina-Holanda-Paraguai-Austria-España-Alemaña, 2006)
Dirección e guión: Paz Encina. Fotografía: Willi Behnisch. Produción: Slot Machine, Lita Stantic Productions, Fortuna Films, Silencio Cine, Arte France Cinema, New Crowned Hope, Wanda Visión, CMW Film Company. Intérpretes: Georgia Renes, Ramón del Río. Duración: 76 minutos.
Xuño de 1935. Nun caloroso e remoto lugar de Paraguai, unha parella de vellos campesiños, Cándida e Ramón, esperan a seu fillo, que marchou a pelexar na guerra do Chaco. Ramón é optimista, Cándida cre que morreu. A calor non cesa e mentres tanto os roles vanse intercalando. De Lisandro Alonso a Lucrecia Martel, outro maxistral exemplo de cine conciso e depurado, intenso e elaborado con escasos planos, que obtivo o premio FIPRESCI en Cannes 2006 e os eloxios do mesmo Apichatpong.