SUZAKU
Naomi Kawase, 1997
95´. Subtítulos en galego. Presentación do libro “Naomi Kawase. El cine en el umbral“ a cargo de José Manuel López (editor), Luis Miranda (autor) e Antonio Weinrichter (Festival Internacional de Cine de Las Palmas).
Entrada gratuíta.
MOE NO SUZAKU / [SUZAKU]
(Xapón, 1997)
Dirección e guión: Naomi Kawase. Produción: Takenori Sento e Koji Kobayashi. Fotografía: Tamura Masaki. Intérpretes: Jun Kunimura, Machiko Ono. Duración: 95 minutos.
A vida é dura en Nishiyosino-mura, unha pequena vila xaponesa de montaña afectada pola crise económica de 1971 que obrigou á maioría dos seus habitantes a marchar á cidade. Tozo Tahara decide quedar para manter a súa nai, muller, sobriño e filla. Cámara de Ouro no Festival de Cannes de 1997.