Naomi Kawase (I)
Do 1 de marzo de 2008 ao 31 de marzo de 2008
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Las Palmas, Filmoteca Canaria e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
Acompañado da publicación do libro Naomi Kawase. El cine en el umbral, coordinado por José Manuel López e coeditado polo CGAI, O Festival Internacional de Cine de Las Palmas e T&B Editores, realizamos unha ampla retrospectiva sobre esta cineasta xaponesa coa exhibición de sete programas de documentais e catro longametraxes de ficción ao longo dos meses de marzo e abril.
Naomi Kawase forma xunto a Hirokazu Kore-eda, Nobuhiro Suwa ou Shinji Aoyama a avanzada dunha brillante xeración de cineastas, nados na década dos sesenta en Xapón, que atoparon na ausencia e na perda os elementos que poñen en crise as súas historias. Abandonada por seus pais ao pouco de nacer, a Kawase criárona seus tíos avós e toda a súa filmografía levántase sobre este sentimento de ausencia, un longo camiño na procura da propia identidade, que converte a súa vida na materia da que se nutre un cine cheo de ocos que hai que encher, de corpos que faltan e que se buscan. Nos seus brazos (1992) foi o seu primeiro achegamento desde o documental á figura do pai ausente —en O xeado de papá, unha curta de 1988, xa abordara esta cuestión desde a ficción— e foi tamén a obra que a deu a coñecer internacionalmente. En 1997, Kawase converteuse na cineasta máis nova en ganar a Cámara de Ouro do Festival de Cannes con Suzaku —historia sobre a disgregación do núcleo familiar provocada por outra ausencia paterna—, pero non será ata 2007 con El bosque del luto —ganadora do Gran Premio do Festival de Cannes dese ano— que unha das súas obras finalmente se estree comercialmente en España. Non obstante, a filmografía da cineasta de Nara é sorprendentemente extensa para os seus trinta e oito anos. Case trinta obras que van da curta á longametraxe, do Súper 8 aos 35 mm. pasando polo vídeo dixital, ou da intimidade dos seus documentais privados sobre a súa familia ao traballo cun equipo de rodaxe nas súas longametraxes de ficción (que seguen presentando profundas pegadas autobiográficas).
Agradecementos: Naomi Kawase, Yuko Naito, Paul Richer, Pyramide (Francia), Esther Devos, Wild Bunch (Gran Bretaña).
![EL BOSQUE DEL LUTO EL BOSQUE DEL LUTO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1184.jpg?itok=zryPTAmt)
EL BOSQUE DEL LUTO
![Programa 1 Programa 1](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1185.jpg?itok=j3RI9bQH)
Programa 1
![Programa 2 Programa 2](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1186.jpg?itok=MVsPiI0l)
Programa 2
![SUZAKU SUZAKU](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1187.jpg?itok=LXCVRu__)
SUZAKU
![Programa 3 Programa 3](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1188.jpg?itok=gLcPFf0K)
Programa 3
![SHARA SHARA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1189.jpg?itok=OH8eFoPt)
SHARA
![HOTARU HOTARU](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1190.jpg?itok=_yNfecri)
HOTARU
![Programa 4 Programa 4](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1191.jpg?itok=QVeV7iBp)