SURCOS
José Antonio Nieves Conde, 1951
90´. Cine. Entrada gratuíta.
SURCOS José Antonio Nieves Conde, 1951. Con Luis Peña, María Asquerino. 90´. As peripecias dunha familia campesiña de Salamanca que chega a Madrid coa esperanza de mellorar as súas condicións de vida. Cru e amargo, un dos fitos da Historia do cine español.
Baseada nun argumento do académico e intelectual franquista Eugenio Montes (...) e cun guión e diálogos da súa esposa Natividad Zaro e do escritor falanxista Gonzalo Torrente Ballester, relataba o calvario dunha familia campesiña emigrada a Madrid nunha época na que se estimaba que uns douscentos cincuenta mil campesiños emigraban anualmente ás cidades. Surcos realizouse baixo a dobre influenza do neorrealismo italiano que empezaba a chegar a España (...), e acaso máis todavía algúns títulos de cine negro norteamericano, como Mercado de ladróns, de Jules Dassin. Aparecían con profusión na película exteriores urbanos, mostrando con imaxes duras e insólitas a trastenda sórdida da orde social franquista: o paro, o mercado negro, a miseria e a prostitución. Pero a súa estructura narrativa era a propia dun folletin calamitoso no que as paixóns eróticas e as dúas xoves protagonistas actuaban como detonantes finais do drama. (...) Contemporáneo do despegue da novela social española de posguerra, Surcos opoñía maniqueamente o campo idílico e virtuoso e a cidade corruptora, reducindo o conflicto a unproblema moral, non social. Malia tales insuficiencias, espello dunha mentalidade preindustrial, mostrou por vez primeira na pantalla imaxes dunha crueza inédita que a convirten nun excelente documento de época e que fixeron medrar a súa valentía co tempo. (Román Gubern, extraído de Julio Pérez Perucha (ed.): Huellas de luz. Películas para un Centenario. Diorama, 1996.)
-
-
Homenaxe a Gonzalo Torrente Ballester
SURCOS
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Proxección previa da serie O Carrabouxo (Lhosca Arias, 1998), capítulos V-VIII.
-