Centenario Gonzalo Torrente Ballester
Do 1 de xuño de 2010 ao 30 de xuño de 2010
O 14 de xuño é a data do centenario do nacemento do literato ferrolán
Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999). Aproveitando a ocasión, recordamos
os seus vínculos co cine, incidindo nos anos que van de 1948 a 1953,
grazas ás súas colaboracións como guionista –etapa falanxista con vontade
de intervención social, na que se prodiga noutros títulos como Llegada de
noche (1949) e a película de episodios El cerco del diablo (1950-52)- xunto
a un entón inspirado José Antonio Nieves Conde, autor de Surcos. A versión
fílmica dunha novela súa, Crónica del Rey pasmado, a inicios dos 90 amósanos
tamén a súa condición de autor adaptado. Un documental recente
sobre a súa vida permite completar de maneira versátil esta homenaxe.
Agradecementos: Luis Felipe Torrente, Daniel Suberviola, Cristina Bernáldez,
Filmoteca Española, Jesús Cano, Video Mercury.