REBELDÍA
José Antonio Nieves Conde, 1953
89´. Entrada gratuíta.
REBELDIA / DUELL DEL HERZEN
José Antonio Nieves Conde, 1953. Con Delia Garcés, Fernando Fernán-Gómez. 89´.
Nunha vila da costa, Margarita, unha rapaza moi caritativa disposta sempre
a axudar aos máis necesitados, visita con frecuencia a Carlos, un escritor
condenado polo Vaticano polas súas novelas antirrelixiosas e polo que se
sente fortemente atraída. O novo proxecto de Carlos é rebelarse contra
a Igrexa escribindo unha obra que amose a falsidade do sentimento da
caridade (como inconsciente sublimación do desexo).