Sueños de hielo
Ignacio Agüero, 1993
111'. Vídeo.
SUEÑOS DE HIELO
(Chile, 1993)
Dirección e guión: Ignacio Agüero. Produción: Ignacio Agüero e Andrés Racz. Fotografía: José Luis Arredondo, Germán Liñero, Gastón Roca, Luis Roca e Fernando Valenzuela Quinteros. Duración: 55 minutos.
En 1992 España organiza a Exposición Universal de Sevilla. Chile participa nesta exposición exhibindo no seu pavillón un carambelo de xeo capturado e traído especialmente por mar desde a Antártida. Nestes feitos verídicos está baseada a fantasía narrada en Sueños de hielo. Rodada entre novembro de 1991 e maio de 1992 a bordo dos buques Galvarino, Aconcagua e Maullín, nunha travesía que vai dende a Antártida ata España, estamos perante un filme documental en que os soños, os mitos e os feitos conflúen cara a un relato poético convertido en saga mariñeira, ao modo das lendas dos homes de mar que poboan a mitoloxía do continente americano e a literatura universal.