Vínculos
Holdudvar
Mari Töröcsik, Kati Kóvacs
- 82 minutos
Edit, de orixe campesiña, está casada cun importante político ao que non ama. Queda repentinamente viúva cando este falece nun accidente. Levando unha vida solitaria e rodeada de falsos amigos aos que detesta, decide abandonar a súa luxosa situación e comezar de novo. Mais o seu fillo István, coa mesma actitude autoritaria do seu pai, non está disposto a que a súa nai rompa as aparencias e avergoñe á súa familia. Manda á súa moza Kati a pasar o verán con ela na súa casa do lago Balaton para vixiala. A rapaza comeza a dubidar da súa relación co mozo.
Unha protagonista inusual na obra de Mészáros, que habitualmente retrata o día a día de mulleres traballadoras. Esta burguesa está prisioneira da súa propia familia polo rol de muller de ben que lle é asignado. A pesar de ansiar a liberdade, este condicionamento, non só físico (por estar encerrada na súa propia casa), senón sobre todo mental, non llo permite. A fita pode lerse como un estudio das relacións de poder desiguais entre o estado (a profesión do marido non é casual) e os seus súbditos, pero sobre todo denuncia o control das mulleres por parte desas mesmas institucións (políticas e familiares) gobernadas por homes.
- Ano:1969
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros
- Fotografía: János Kende
- Montaxe: Zoltán Farkas
- Produtora(s): Mafilm Studio 1