STAVISKY...
Alain Resnais, 1974
115´. Subtítulos en castelán.
STAVISKY...
(Francia, 1974)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Jorge Semprún. Produción: Cérito Films, Ariane Films, Euro International Films. Fotografía: Sacha Vierny. Intérpretes: Jean-Paul Belmondo, Charles Boyer. Duración: 115 minutos.
No ano 1934 o escándalo Stavisky conmocionou á sociedade francesa. Un aventureiro de orixe rusa organizou unha estafa multimillonaria na que implicou a medios políticos e financeiros do máis alto nivel. A segunda colaboración de Resnais e Semprún, logo de “La guerra ha terminado”, intenta explicar unha personalidade bastante escura e, ao mesmo tempo, situala no contexto histórico que facilita o seu ascenso social. Entre os secundarios Michel Lonsdale, Claude Rich e un mozo Gerard Depardieu.