![Soy mucho mejor que vós Soy mucho mejor que vós](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3169.jpg?itok=xW2qHKUR)
Soy mucho mejor que vós
Che Sandoval, 2013
85'. Vídeo HD. Subt. castelán.
SOY MUCHO MEJOR QUE VÓS
(Chile, 2013)
Dirección e guión: Che Sandoval. Produción: Caleidoscopio Cine, Don Quijote Films, Punk on Palta, Darrel. Fotografía: Eduardo Bunster. Intérpretes: Sebastián Brahm, Antonella Costa. Duración: 85 minutos.
Soy mucho mejor que vós é un spin-off, é dicir, un filme derivado, neste caso da ópera prima do chileno Che Sandoval (Santiago de Chile, 1985) Te creís la más linda (pero erís la más puta). Un secundario daquela película é aquí o protagonista, Cristóbal. Unha comedia barroca sobre un home separado ou nese lance e a piques de marchar a España, un individuo enfrontado ao mundo. Precisa e elaborada, un título premiado en BAFICI, Cleveland ou Varsovia.