The Southerner
Jean Renoir, 1945
92'. DCP. Subt. Castelán
The Southerner
(Estados Unidos, 1945)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Jean Renoir, baseado en Hold Autumn in Your Hand, de George Sessions Perry. Intérpretes: Zachary Scott, Betty Field, J. Carroll Naish, Beulah Bondi. Dur.: 92'.
Sam Tucker abandona o seu traballo como asalariado para se gañar a vida traballando a terra. Durante o outono instálase coa familia nunha casa en ruínas. No seu novo fogar só ha encontrar dificultades, particularmente por parte do veciño Devers. “Este filme —di Renoir— foi rodado coa máis absoluta liberdade. Nada neste filme, case que documental, conserva as pegadas habituais de Hollywood. O autor reivindica a plena responsabilidade dos seus actos sen circunstancias atenuantes. Se descoida manterse fiel a certa idea que se ten del é porque así o quere: Renoir é sempre Renoir, e por iso non precisa imitar a Renoir.” (Eric Rohmer)