
Slimane
José A. Alayón, 2013
67'. DCP.
SLIMANE
(España, 2013)
Dirección: José A. Alayón. Guión: José A. Alayón e Samuel M. Delgado. Produción: El Viaje Films. Fotografía: Mauro Herce. Duración: 67 minutos.
Para os que estean cansados de ver como se trata a inmigración nos grandes medios de comunicación, Slimane é a película. A cuestión vaise humanizar e non banalizar. O director canario José A. Alayón entra na intimidade dun grupo de amigos magrebís que sobreviven na España da crise e conta con especial sensibilidade a súa vida cotiá. Demasiado mozos para pasar por todo iso, Slimane e os seus amigos convértense, dende unha mirada documental, nos protagonistas dunha ficción misteriosa, esvaradía, que acabará con todos os tópicos, pasmando literalmente ao espectador.