To Sleep With Anger
Charles Burnett, 1990
102'. DCP. Subt. Castelán
To Sleep With Anger
(EEUU, 1990)
Dirección e guión: Charles Burnett. Produción: Danny Glover. Intérpretes: Danny Glover, Paul Butler, DeVaughn Nixon, Vonetta McGee, Sheryl Lee Ralph, Carl Lumbly. Dur.: 102'.
Cun elenco excelente encabezado polo actor Danny Glover, To Sleep With Anger relata a loita metafórica e metafísica dunha familia afroamericana emigrada nos Ánxeles orixinaria do sur dos Estados Unidos; una loita entre a súa actual e confortable vida e as tradicións e supersticións ancestrais das súas raíces. O catalizador deste conflito mortal é un querido e vello amigo da familia, Harry Mention (interpretado maxistralmente por Danny Glover), un enganador que chega de modo inesperado traendo consigo os aspectos máis sinistros do folclore sureño. O conxuro encantador e diabólico de Harry, vaise infiltrando gradualmente na familia, ata que esta se ve obrigada a confrontar as gretas fondas que existen entre as tres xeracións que a conforman.