SINE
Nick Deocampo, 2009
60´. Vídeo. Subtítulos en galego.
CINE/ SINE: SPANISH BEGINNINGS OF PHILIPPINE CINEMA
(Filipinas, 2009)
Dirección, guión e produción: Nick Deocampo. Fotografía: Emmanuel Dadivas. Duración: 60 minutos.
O realizador filipino Nick Deocampo emprende unha nova aventura cinematográfica con este documental en 3D, unha peza de animación que recrea as orixes do cine en Filipinas. Baseada no seu propio libro Cine: Spanish Influences on Early Cinema in the Philippines, traza os comezos do cine en 1897, cando dous españois proxectan as primeiras imaxes en movemento en Escolta, Manila. Coa guerra e a revolución como fondo, o cine foi desenvolvéndose ata converterse na principal forma de entretemento para os filipinos. O traballo destaca os elementos da cultura española que aparecen con máis asiduidade na cinematografía filipina e os filmes clásicos realizados por tres artistas do país: Eddie Romero, Lino Brocka e Ishmael Bernal.