THE SILVER SCREEN: COLOR ME LAVENDER
Mark Rappaport, 1997
100´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
THE SILVER SCREEN: COLOR ME LAVENDER
(Estados Unidos, 1997)
Dirección e guión: Mark Rappaport. Produción: Couch Potato Productions. Fotografía: Nancy Schreiber. Duración: 100 minutos.
Rappaport destapa o subtexto gay oculto no cine clásico de Hollywood. Sofisticada e divertida reflexión sobre a identidade sexual e a Historia do cine construída mediante punzantes comentarios e un esixente labor de montaxe, que leva a que o traballo de Danny Kaye, Jerry Lewis ou Cary Grant máis a desmitificación sexual do western ou as buddy movies ofrezan unha perspectiva novidosa do legado cultural.