![SICILIA! SICILIA!](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_871.jpg?itok=nHVdfjJJ)
SICILIA!
Jean-Marie Straub, Danièle Huillet, 1998.
66´. Subtítulos en galego.
SICILIA!
(Francia-Italia-Suíza, 1998)
Dirección, guión e fotografía: Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Produción: Duración: 66 minutos.
Unha das últimas películas da filmografía de Straub e Huillet. Os rigorosos e exquisitos cineastas adaptaron a novela de Elio Vittorini “Conversación en Sicilia” seguindo o seu particular credo e poética do cine: esencialidade, desposuimento e representación. Pedro Costa realizou en 2001 “Onde jaz o teu sorriso” en torno ao proceso de montaxe de “Sicilia!”. A proxección da película de Straub e Huillet enmarcábase como (obrigado e imprescindible) complemento da de Costa, prevista inicialmente na Mostra de Documental Portugués. Pero, logo da morte de Danièle Huillet, Pedro Costa preferiu non autorizar ningún pase público do seu documental por “respecto” a quen fora a súa amiga e por non colaborar en ningún tipo de acto necrófilo. Pasado un tempo intentaremos recuperar este documental que o mesmísimo Godard considerou o mellor que se fixo nunca sobre o mundo do cine (os máis impacientes pódeno visionar na biblioteca do CGAI).