
Siberiada
Andrei Mikhalkov-Konchalovsky, 1979
200'. Vídeo. Subt. castelán.
SIBIRIADA / SIBERIADA
(URSS, 1979)
Dirección: Andréi Konchalovsky. Guión: Valentin Ezhov e Andréi Konchalovsky. Produción: Mosfilm, Satra e Sovexport Film. Fotografía: Levan Paatashvili. Intérpretes: Nikita Mikhalkov, Vitali Solomin, Natalya Andreychenko. Duración: 200 minutos.
A historia de dúas familias de distinta condición socioeconómica, os Solomin e os Ustuizhanin, pertencentes a Yelan, un pobo perdido de Siberia, permite percorrer, de 1900 a 1965, a historia da Rusia do século XX á maneira do Novecento de Bernardo Bertolucci, con máis poesía e revolución polo medio. A relación directa coa natureza, o illamento e a presión dos cambios socio políticos constrúen un fresco histórico en torno a tres xeracións de enorme magnitude. Gran Premio do Xurado en Cannes 1979.