
SHOAH (Segunda época)
Claude Lanzmann, 1985.
290´. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
SHOAH
(Francia, 1985)
Dirección: Claude Lanzmann. Produción: Historia, Les Films Aleph e Ministère de la Culture de la Republique Française. Fotografía: Dominique Chapuis, Jimmy Glasberg e William Lubtchansky. Duración: 560 minutos.
Treblinka, Sobibor, Auschwitz, descarnada e á vez chea de poesía, premiada en Berlín, Róterdan e nos BAFTA, estamos ante un auténtico monumento fílmico, unha revisión extrema do exterminio dos nazis a través dos testemuños dos que sobreviviron que renuncia a calquera material de arquivo. Dividida en dúas partes (primeira e segunda época), produto dun traballo de 11 anos, iniciado no verán de 1974, segundo Lanzmann “a película non está feita de recordos, sóubeno deseguida. Os recordos prodúcenme espanto: son febles. A película é a abolición de toda distancia entre o pasado e o presente; revivín toda a historia en presente".