SHIRLEY TEMPLE STORY
Antoni Padrós, 1976
240'
SHIRLEY TEMPLE STORY
(España, 1976)
Dirección: Antoni Padrós. Guión: Antoni Padrós e Fernando Huici. Produción: Antoni Padrós e Edmond Orts. Fotografía: Josep Gusi. Intérpretes: Rosa Morata, Dolors Doucastella, Montse Fontova. Dur.: 240 min.
Shirley Temple vai na procura do mago de Oz para pedirlle explicacións por non outorgarlle o papel de Dorothy na versión cinematográfica. Polo camiño, estruturado o filme como unha alucinante e ecléctica road-movie musical que apela a infinidade de materiais e contén unhas 50 cancións, Shirley atopa carcas, revolucionarios, mortes, soños ou experiencias sexuais. Fito da contracultura, Padrós e Rosa Morata triunfarían con rotundidade no circuíto de festivais internacionais independentes con este traballo autofinanciado que devén tamén en deliberada metáfora da Historia real.