Sherman’s March
Ross McElwee, 1986
155’. Vídeo. Subt. castelán.
SHERMAN’S MARCH
(Estados Unidos, 1986)
Dirección, produción e fotografía: Ross McElwee. Duración: 155 min. O que parece un intento de volver sobre as pisadas das tropas do exército da Unión baixo as ordes do xeneral Sherman, convértese, en palabras da irmán de McElwee, nunha torpe procura cabaleiresca do amor (“deberías usar a cámara para coñeceres mulleres...”). Gañadora do Gran premio do Xurado en Sundance 1987 e posuidora dun subtítulo revelador, irónico (Unha meditación sobre a posibilidade dunha historia romántica no Sur durante a era de proliferación das armas nucleares), nesta película, consagración do autor, McElwee subverte o documental histórico didáctico ao tempo que debulla aspectos íntimos da súa vida.