Sesión David Castro
David Castro, 2010-2017
60'. HD. Presentación: D. Castro. Entrada de balde
Alterké
(2013) 3´ HD
Consiste nun plano xeral e silente dunha praza de terra en Londres. Alterké inspírase nun conto de Andrei Platonov. Un neno ‘tolo’ e marxinado a non facer ruído no seu espazo vital e de xogo.
Flints
(2013) 10´ HD
Flints gravouse no establecemento Flint Hire & Supply no sur de Londres. O material bruto incorpórase á montaxe nun percorrido que amosa un distendido clima de traballo. Nas paredes consérvanse as sinaturas da familia de Joseph Harker: Johnathan Harker na novela Drácula de Bram Stoker.
Ideas da perra gorda
(2014) 3´ HD
Un home asomado nunha infravivenda escoita a radio. Uns terreos baleiros son ocupados nun proxecto de horta comunitaria. Semellante a unha escena de cine mudo: "!Tedes ideas da época da perra gorda!".
Theremin Azulexo
(2010) 12´ MiniDV
A curta evoca a trama da casa -do país natal- polo lado da súa ausencia. Casas con faciana de azulexo aparecen encadeadas a unha música estraña. Tras delas, diante delas, escoitamos a voz, o lamento-monocorde dun theremin. Paredes, urdas como cartas de axuste, de des-axuste.
Unha cita de Ernst Bloch advirte, porén, sobre a verdadeira vocación do estraño; “algo” que procurar no seu principio, no máis próximo a nós.
Ínsula
(2013) 2´ MiniDV
Insula é unha peza do filme colectivo Nimbos (M. Pawley, Acto de Primavera) realizado a partir do poemario de X. Díaz Castro.
Amschel
(2016) 17´ MiniDV
"As datas déixanse levar" ( J. Derrida en Schibboleth ) Un lector porta un caderno. Son os diarios de Kafka. Outras datas veñen ao seu encontro.
Excepto patio
(2015) 3´ HD
Unha muller recibe unha chamada telefónica dunha compañeira de traballo no patio dunha comunidade. Patio agás o patio.
Syntagma
(2017) 9´ HD Virxinia Polke e David Castro
Sintagma: Constitución. “Arranxo”. Un xardín, unha praza, un corazón. Gravacións “xunto-á” Antiga Fábrica de Tabacos da Coruña. (Texto : Francisco Cortegoso)