Sesión curtametraxes Samuel Lema e Nani Matos
2009-2010
36’. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
O SHOW DE...
(España, 2010)
Dirección e guión: Samuel Lema. Produción: Domovoi. Fotografía: Alberto Díaz, “Bertitxi”. Intérpretes: Vicente de Souza, Nuria Sanz, Fernando Tielve. Duración: 18 minutos.
Mario, un garda de seguridade pusilánime e estraño, ten problemas coa súa dona, que foxe da realidade vendo o seu reality favorito, O Show de... Un revólver con dúas balas, unha chamada telefónica e un drogadicto lanzarán a Mario ao estrelato mediático coa axuda do programa.
DIES DIE
(España, 2009)
Dirección e guión: Nani Matos. Produción: Nani Matos, coa colaboración de Morraceira. Fotografía: José Luis Caamaño Castro. Intérpretes: Xan Cejudo, Mela Casal. Duración: 18 minutos.
Avelino é un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller, Teresa. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade ata que empeza a notar síntomas moi similares aos de Teresa.