
Sesión curtametraxes
Jirí Trnka, (1946-1965)
69’.
Sesión curtametraxes
(Checoslovaquia, 1946-1965)
Dirección, guión e produción: Jirí Trnka. Duración: 69 minutos.
Sesión composta polas curtametraxes:
El arcángel Gabriel y la señora Oca (Archadêl Gabriel a Paní Husa, 1964). Duración: 29 minutos.
Adaptación dun dos relatos do Decamerón de Boccaccio que destaca polo seu humor e o deseño evocador de monicreques e decorados.
El saltador y las SS (Pérák a SS, 1946). Duración: 13 minutos.
Un lendario desenfeluxador heroico e traste búrlase dos nazis dando fantásticos saltos grazas a uns resortes.
La pasión (Vásen, 1961). Duración: 9 minutos.
Unha sátira sobre a furibunda paixón autodestrutiva dos motoristas pola alta velocidade.
La mano (Ruka, 1965). Duración: 18 minutos.
A feliz vida cotiá dun escultor vese interrompida pola aparición dunha xigantesca man que lle esixe que a inmortalice en forma de escultura de pedra.