Sesión 9: Santiago Álvarez
Santiago Álvarez, 1966-1967
117'. 35mm/ HD
Cerro Pelado, Santiago Álvarez, 1966, HD. 59'
Hanói, martes 13, Santiago Álvarez, 1967, 35mm. 38'
Hasta la victoria siempre, Santiago Álvarez, 1967, 35mm. 20'
Esta sesión ensina tres películas de Santiago Álvarez, onde o seu característico traballo de montaxe, apropiación e sátira vai cobrando forma. Cerro Pelado toma o seu título do nome do barco que trasladou os deportistas cubanos aos décimos Xogos Centroamericanos e do Caribe, celebrados en 1966 en San Juan, Puerto Rico. Ao se tratar dunha colonia norteamericana, Estados Unidos tentou evitar a participación da delegación cubana. É unha ampla reportaxe con escasos comentarios e inclúe un dos sinais distintivos de Álvarez: o uso da música para conseguir un acedo efecto satírico. Hanói, martes 13 rodouse durante a primeira viaxe do cineasta a Vietnam do Norte. Este filme é unha antirreportaxe sutil e poética que desenvolve unha estrutura de interrupción e reanudación para capturar a experiencia de vivir en medio dunha guerra. Hasta la victoria siempre é o epítome do cine urxente e da historia á vez. Foi realizada en 48 horas de traballo sen interrupción, como resposta ás traumáticas novas da morte do Che Guevara en Bolivia.