La novia vestía de negro
La mariée était en noir
Jeanne Moreau, Claude Rich, Jean-Claude Brialy
- 107 minutos
Primeira adaptación por parte de Truffaut dunha novela negra de William Irish, ao que o cineasta cualificou de “artista do medo, do espanto e das noites en vela”, por outra banda connotado como excelente retratista de personaxes femininos. O marido de Julie Kohler (magnífica Jeanne Moreau) morre tiroteado nas escaleiras da igrexa onde ambos acaban de casar. Julie identifica a cinco homes implicados e comeza a súa particular vinganza. Truffaut robustece o filme cunha boa nómina de colaboradores: o camarógrafo Raoul Coutard; o compositor Bernard Herrmann e un elenco onde sobresaen brillantes secundarios como Michael Lonsdale, Charles Denner, Michel Bouquet ou Claude Rich.
- Ano:1967
- Países de produción: Francia, Italia
- Guión: François Truffaut, Jean-Louis Richard; novela de William Irish
- Fotografía: Raoul Coutard
- Montaxe: Claudine Bouché, Yann Dedet
- Produtora(s): Les Films du Carrosse, Les Productions Artistes Associés e Dino De Laurentiis