SESIÓN 4: Life Time / Tempo de vida (1984-2006)
Gunvor Nelson
94'. 16mm/vídeo. Subt. galego.
SESIÓN 4: Life Time / Tempo de vida (1984-2006)
Dirección: Gunvor Nelson. Duración: 94 minutos.
Red Shift (1984). 50’.
Time Being (1991). 6’.
True to Life (2006). 38’.
Sesión dedicada á exploración do entorno familiar e íntimo da cineasta. A través do retrato interxeracional da súa familia en Red Shift, da observación dos últimos suspiros da nai en Time Being e da confrontación coas flores do seu xardín en True to Life, Nelson crea un terreo poético que pasa polo encontro cos seres e obxectos máis próximos. A densidade verbal de Red Shift, o emotivo silencio de Time Being e a rugosidade sonora de True to Life, constrúen diversas narracións sobre os espazos próximos á directora e tradicionalmente asignados ao feminino. As relacións entre nais e fillas e a intervención directa sobre o cotián son os fíos que definen os procesos sobre os que Nelson actúa. Tres películas para reflexionarmos e sentirmos a emotividade do mundo que nos rodea.