Sesión 4: Cine español (Filmoteca Española)
VV.AA., 1911-1920
79´. DCP.
Sesión 4: Cine español (Filmoteca Española)
Dirección: VV.AA., 1911-1920. Duración: 79 minutos.
Os filmes documentais amosan a sociedade da época, dende distintas celebracións de festexos, bailes rexionais, a botadura dun barco acorazado por parte das autoridades ou innovacións tecnolóxicas, ata as conmovedoras imaxes sobre os auxilios da Cruz Vermella no pobo de Aguilón, que sufriu unha terrible inundación en 1914. Todos eles constitúen un reflexo fiel da sociedade do momento, anos de dificultades económicas que manterían a España lonxe da Gran Guerra que se libraba en Europa.
A sesión comprende:
*Alagón (1918). 12´.
Dirixida por Antonio de Padua Tramullas, unha festa no pobo de Alagón con motivo da inauguración dun grupo escolar.
*Documento de actualidad (1911-1918). 12´.
Documentos relacionados con España entre os anos 1911 e 1918.
*Apertura de las Cortes (1917). 1´.
Animación con dúas caricaturas de sátira política.
*Automóvil a hélice (1913). 1´.
Probas polas rúas de Barcelona dun automóbil impulsado por hélice e inventado por Rómulo Bosch e os irmáns Fabregat.
*Calatayud en fiestas (1914). 2´.
Antonio de Padua Tramullas realiza un achegamento á celebración festiva en Calatayud, unha procesión coas autoridades que ao rematar toman un chocolate. Podería tratarse da Festa de San Roque.
*Llanes 1917 (1917). 12´.
Reportaxe sobre Llanes, as súas paisaxes e festas.
*Logroño. Sus panoramas y bellezas (1914)
Outra peza de Antonio de Padua, nesta ocasión unha reportaxe sobre a cidade de Logroño: o río Ebro, a praza de touros de pedra destruida en 1914, xente polas rúas ou o mercado municipal.
*Madrid. Alfonso XIII (1918). 3´.
O rei Alfonso XIII asiste a prácticas militares en Carabanchel. Enterro do xeneral Echagü̈e. O rei inaugura un monumento ás vitimas da aviación.
*Las patatas fritas (1916). 4´.
Unha ficción curta dirixida por Domingo Ceret. Logo de comer unha bolsa de patacas fritas, Cardo procura desesperadamente algunha bebida que sacie a súa sede.
*La catástrofe de Aguilón (1914). 3´.
Reportaxe de Antonio de Padua sobre a terrible inundación que destruiu o pobo aragonés de Aguilón.
*Botadura do acorazado Alfonso XIII (1913). 4´.
Botadura do acorazado Alfonso XIII na dársena de Ferrol.
*Escritores y artistas españoles (1920). 11´.
Un percorrido que nos amosa a destacados escritores e personalidades da época entregados ás súas aficións favoritas: ler, camiñar, pintar ou visitar algún museo.