Sesión 10: Culturais
VV.AA, 1967-1972
114'. 35mm
Por primera vez, Octavio Cortázar, 1967, 35mm. 10'
Nuestra Olimpiada en La Habana , José Massip, 1968, 35mm. 19'
Acerca de un personaje que unos llaman San Lázaro y otros llaman Babalú, Octavio Cortázar, 1968, 35mm. 20'
En la otra isla, Sara Gómez, 1968, 35mm. 41'
Hablando del punto cubano, Octavio Cortázar, 1972, 35mm. 23'
Por primera vez é unha declaración de amor ao cine. Mostra o traballo dun cine móbil que, con influencia das Misións Pedagóxicas dos anos 30 en España, leva as películas a unha aldea remota pola vez primeira. En Nuestra olimpiada en La Habana, a Olimpíada en concreto é un torneo internacional de xadrez en que José Massip presenta a Fidel Castro como outro xogador máis de xadrez, unha figura familiar e estraña ao mesmo tempo. O ICAIC dedicaría un crecente número de documentais á exploración da cubanía, a identidade mestiza da illa. Acerca de un personaje que unos llaman San Lázaro y otros llaman Babalú entra na categoría do cine inquérito, cunha pesquisa antropolóxica sobre a festividade dun santo que simboliza o sincretismo das crenzas relixiosas cubanas. En la otra isla é unha das películas máis salientables de Sara Gómez. É un conxunto espallado de retratos individuais dos habitantes da Isla de Pinos, en que comentan as súas historias e reflexións e outrosí realizan unha abordaxe dun tema como o racismo, tabú para moitos cineastas da época.
Hablando del punto cubano, de Octavio Cortázar, é un exemplo engaiolante do xiro do documental cubano cara á música.