
Sesión 1: Garabatos
VV.AA (1908-2013)
81'. Vídeo HD. Presentación. Entrada de balde
Sesión 1: Garabatos
A selección comeza, naturalmente, co pioneiro Segundo de Chomón, que traballou en España, Francia e Italia. L’Araignée d’or (1908) é un dos títulos máis bonitos da súa filmografía e inclúe unha preciosa secuencia de debuxos animados. Das primeiras décadas do século sobreviviron películas publicitarias como Radio RCA (circa 1935), de Enrique Ferrán, creada en Barcelona durante a Segunda República e recuperada do nitrato orixinal para a ocasión, así como un mangado de anuncios do fecundo Serra i Massana e outros de carácter satírico, como os anónimos La bronca y Cambó i l’autonomia (circa 1918), que testemuñan a pegada que o humor gráfico deixou na pantalla. K-Hito (En los pasillos del Congreso , 1932) e Josep Escobar (El fakir González, serie de principios de 1940) tamén son autores de historieta. Nestes primeiros anos inaugúrase unha prolífica relación coas viñetas que perdura ata a actualidade, cunha voz moi influínte no terreo político, social e artístico. Á beira destes pioneiros presentamos animacións de dous autores contemporáneos que tamén deben a súa popularidade ás bandas de cómic: Javier Mariscal e Calpurnio Pisón, autores que animaron as súas máis queridas personaxes, Los Garriris e Cutlass , respectivamente.
L’Araignée d’or, Segundo de Chomón, 1908, 8' 40'' (Un filme da Colección Lobster)
En los pasillos del congreso, K-Hito (Ricardo García), 1932, 2'
Alimentos de régimen Santiveri, Josep Serra i Massana, 1932-1935, 2' 11''
Tabú, colorete en polvo, Josep Serra i Massana, 1933, 1' 08''
Radio RCA, Enrique Ferrán, circa 1935, 2'
El fakir González buscador de oro, Joaquim Muntañola, 1942, 8' 12''
Juanito va de caza, Salvador Mestres, 1942, 8'
El cascabel de Zapirón, Josep Escobar, 1943, 8'
Don Cleque flautista, Jaume Baguñà, 1944, 8' 12''
Garabatos: Manolete, Jaume Baguñà e Manuel Díaz, 1943-44, 8'
Los tambores de Fu-Aguarrás, Jaume Baguñà, 1945, 9' 10''
El bueno de Cuttlas, Calpurnio Pisón, 1991, 8' 48''
Amarillo verano, Javier Mariscal, 2013, 4'40''
(Para todos os públicos)