SEN MEMORIA
Kore-eda, 1994-96
84´. Vídeo. Subtítulos en galego.
KIOKU GA USHINAWARETA TOKI / WITHOUT MEMORY / [SEN MEMORIA]
(Xapón, 1994-96)
Dirección: Hirokazu Kore-eda. Guión: Hirokazu Kore-eda, Hiroshi Sekine e a súa familia. Produción: Tv Man Union Inc. Fotografía: Shigeru Honda. Duración: 84 minutos.
Un pai perde a memoria a curto prazo como consecuencia dun procedemento médico fallido que fai que desenvolva a encefalopatía de Wernicke. A loita da súa familia para recibir o tratamento e as prestacións apropiadas permiten unha contundente protesta contra a indiferenza das autoridades pola á sanidade pública, sen desatender vías temáticas e preocupacións logo ampliadas nos títulos de ficción.