
Se dice poeta
Sofía Castañón, 2014
96'. DCP. Presentación a cargo da súa autora e das poetas galegas participantes no filme (María Couceiro, Estíbaliz Espinosa e Yolanda Castaño). Entrada de balde.
SE DICE POETA
(España, 2014)
Dirección e guión: Sofía Castañón. Produción: Sr. Paraguas. Duración: 96 minutos.
Como di o subtítulo “unha mirada de xénero ao panorama poético contemporáneo” que se aproxima a 21 poetas (ou poetas-poetisas?), todas elas nacidas entre 1974 e 1990, e coa presenza de tres galegas establecidas na Coruña: Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e María Couceiro. Falan de creación literaria, difusión, recepción e crítica da súa obra.