Sayat Nova
Sergei Parajanov, 1968
77'. DCP. Subt. Castelán
SAYAT NOVA
(Unión Soviética, 1968)
Dirección e guión: Sergei Parajanov. Fotografía: Suren Shakhbazian. Intérpretes: Sofiko Chiaureli, Melkon Alekian, Georgi Gegechkori, Hovhannes. Dur.: 77'.
A vida do maior poeta de Armenia, Sayat Nova, é posta en escena mediante unha serie de tableaux vivants dunha gran beleza plástica. Como recoñecía o propio Parajanov, exteriormente pode parecer un filme moi estático, mais o seu interior reborda dinamismo. A película sufriu graves alteracións na súa montaxe e dobraxe por parte da censura soviética, que mesmo retirou o nome do poeta do título e a rebautizou como El color de las granadas, co que foi coñecida internacionalmente (tamén na súa edición en DVD en España). Esta restauración auspiciada por Film Foundation-World Cinema Project recupera o título orixinal e a súa incorruptible beleza.