SANTIAGO
Joao Moreira Salles, 2006
80´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.
SANTIAGO
(Brasil, 2006)
Dirección e guión: Joao Moreira Salles. Fotografía: Walter Carvalho. Produción: VideoFilmes Produçoes. Duración: 80 minutos.
A mediados dos anos 50, Santiago instálase como maiordomo na mansión dos Moreira Salles e alí atende con man exquisita ao sangue azul europeo, a vangarda artística, xefes de estado e ata un Papa. En 1992, retirado, vive recluído nun pequeno apartamento entregado ás súas paixóns (ópera e pintura renacentista) e a escribir o compendio absoluto sobre liñaxes aristocráticas. Alí entrevístao Joao Moreira, espremendo con cariño a memoria de quen o coñeceu cando era un cativo. Santiago lembra para el a opulencia doutros tempos que foron magníficos e xa non existen.