![A SANGRE FRÍA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/2kjtjuy4i2rg2yfwhnl776lnea.jpg?itok=Ft8ry972)
A SANGRE FRÍA
Richard Brooks, 1967.
133´. Subtítulos en castelán.
IN COLD BLOOD / A SANGRE FRÍA (Estados Unidos, 1967) Dirección e guión: Richard Brooks, sobre a obra de Truman Capote. Produción: Pax Enterprises e Columbia. Fotografía: Conrad Hall. Intérpretes: Scott Wilson, Robert Blake, John Forsythe, Paul Stewart. Duración: 133 minutos. A turbia e brutal matanza da familia de granxeiros Clutter converteuse nunha obra literaria implacable produto da obsesiva busca do escritor Truman Capote. Brooks tirou proveito da historia para facer unha tensa, analítica e intelixente viaxe ao interior das vidas de Perry e Dick, os asasinos, mentres foxen por México e os Estados Unidos. Inesquecibles imaxes de Conrad Hall, música de Quincy Jones e notables secundarios (Jeff Corey, Will Geer, Charles McGraw).